ISBN-13: 9781523214600 / Galician / Miękka / 2016 / 76 str.
Jacobo Paz e un dramaturgo que ultimamente alumea con luz propia, demostrando as claras que si hai renovacion xeracional no teatro galego. (...) En "Teatro infantil" ofrecenos unha mostra da sua producion para rapaces, as obras "Principe Lagarto," "Orcavella" e "As horas abertas." Tratase de textos diferentes, inzados das referencias tradicionais da literatura infantil cuxa efectividade e case unha verdade empirica. Jacobo Paz introducenos asi no mundo dos principes e dos demos, dos seres monstruosos de raizame clasica coma Orcavella -hai nela un chocar de ollo a Medusa-, e mais na lenda tradicional de Ana Manana, que tamen tratou no seu momento, e tamen no xenero infantil, Euloxio R. Ruibal. O libro ten dobre valor: e unha lectura deliciosa para os rapaces e tamen deberia ser unha inspiracion de primeira orde para as companias na busca dun publico hoxe interesante e mana esencial para soster o teatro galego. Critica de Inma Lopez Silva. Teatro, fabula e nenos. E case como un triangulo xenerico que facilita a relacion entre quen conta e quen le. A coleccion Caderno de Laiovento tenta acurtar algunhas distancias entre a escrita teatral e os lectores de literatura. Distancias dificiles que, na maior parte dos casos, impiden unha relacion habitual e cotian entre o dramaturgo e os lectores. O octavo volume desta coleccion recolle tres pezas escenicas para nenos, de Jacobo Paz, que, para non confundir a ninguen, leva por titulo "Teatro infantil." Con certa frescura o autor volve sobre alguns dos tics do xenero: animais, princesas, personaxes da tradicion popular, con ese tono entre exotico e reconecido que gastan todos. Fabulas directas nese temo que todo o mundo xulga como anterior pero que, en realidade, e indeterminado, especialmente vista a importancia que as monarquias conservan na realidade social. Historias co punto de revirado xusto, coa sua pinga de amor e algo de aventura, sorpresas argumentais e maxia. Un conxunto de ingredientes que se consideran tipicos dos relatos infantis e que levan poboando un certo mundo mitico que desaparece coa chegada a adolescencia ou que se transforma en grupo musical ou en sagas tan inxenuas como as de Tolkien. A intencion aqui e conservar a atencion dos espectadores cativos por medio da fabulacion e dun sentido mais ben divertido da narracion. Critica de Camilo Franco en "Culturas," de "La Voz de Galicia" (28/07/07)."