ISBN-13: 9781522914341 / Galician / Miękka / 2016 / 108 str.
A tentacion de sentirnos obxectos, obxecto de desexo. A necesidade de someter a outra, ao outro, ou de someternos nos mesmos, aos demais e as nosas propias ansias. A atraccion fatal por escapulirnos do imperio da razon, para caer nas marxes. Ceder as tentacions mais libidinosas e penetrar no prohibido. Porque, as veces, a utopia da felicidade semella realizarse cando podemos abrir as portas pechas, cando somos honestos cos nosos instintos e cedemos a practica de praceres insolitos. Que e o que nos excita? A intimidade allea, o reality show, o peep show, o voyeurismo? A accion que desena Jacobo Paz situanos na diverxencia dunha percepcion entre morbosa e divertida. O estilo sumamente axil dos dialogos e a construcion de situacions rocambolescas son ingredientes fundamentais da obra que nos ofrece esta nova voz da dramaturxia galega contemporanea. Unha dramaturxia que non renuncia a creacion de ficcion, de personaxes e de accion, recollendo con mestria os procedementos tradicionais da forma dramatica, pero que achega unha inmediatez e un estilo moi directo e desenfadado proximo ao do medio televisivo. Sen dubida, Jacobo Paz, sabe xogar coa forma dramatica e consegue algo que non e nada doado: entreter, divertir, abraiar. Eis o teatro como peep show e nos como complices dilectos. Do prologo de Afonso Becerra de Becerrea"