ISBN-13: 9781541018891 / Galician / Miękka / 2016 / 194 str.
EDICION ESPECIAL DECIMO ANIVERSARIO Nesta EDICION ESPECIAL celebramos o DECIMO ANIVERSARIO da sua publicacion con 6 novos Contos e Lendas ineditos escritos pola autora e tamen e adicada coma agarimosa homenaxe a grande escritora Alba Paz. LIMIAR Un pescador, o Tio Anton, nun veran chuvioso, entreten aos veraneantes, no bar da praia, contando historias, mitos e lendas locais. As narracions son curtas, agudas, insolitas e maxicas. Alusions ao tempo e a vida do Tio Anton danlle unidade ao libro. Os contos e a interaccion amosan as personalidades do Tio Anton e mais o compadre. O ton inicial de comedia decae co personaxe principal e convertese en drama: ao ancian Tio Anton, outrora animador e gran comunicador, na sua vellez ninguen o escoita agas a sua defunta muller. Unha vision mitica do mar inspira historias fantasticas; outras relatan costumes, personaxes e crenzas locais. Tentase plasmar unha estetica popular galega de tradicion oral sobre o tema da comunicacion, e asemade denunciar o illamento e abandono afectivo ao que a sociedade de consumo condena aos vellos. O libro esta dirixido a lectores adultos, de gustos e cultura diversos. Consta de 10 partes: I. Contacontos. Presenta os personaxes, o Tio Anton e o compadre, tamen o escenario. O Tio Anton e mais o compadre dan unidade a narracion nunha estrutura de novela non usual, ainda que con antecedentes notables na literatura espanola; os breves dialogos entre ambos sublinan a personalidade de cada un, os contrastes de crenzas, a retranca e inxenuidade, o realismo e a incoherencia, a credulidade e o escepticismo, subxacentes no subconsciente colectivo galego. O escenario e o bar da praia, que por mor de Arturo, elevase a categoria de mitico. II. Tempos Remotos. Lendas de vaga lembranza. III. Historicas. Combinan datos historicos con fantasia. IV. Milagres. Relatan con humor alguns milagres da Virxe. V. Supersticions. Describe ritos e supersticions ancestrais. VI. Relatos. Sobre costumes e anecdotas. VII. Persoeiros. Personaxes e sucesos insolitos VIII. Fantasticas. Contos baseados nunha interpretacion mitica do mar e da natureza. IX. De amor. De amor e maxicos. X. Ocaso. O tema e a decadencia e a morte. A despedida na praia e o animo do Tio Anton, patente nas historias, introducen o ton de drama e presaxian un traxico final. ESTA EDICION ESPECIAL TEN SEIS CONTOS E LENDAS NOVAS INEDITAS.